O Presidente inaugura a mostra A Galicia inédita destacando o papel do fotoxornalismo na creación de pensamento crítico
José Tomé abriu o espazo expositivo na Praza de San Marcos xunto a presidenta da Asociación de Periodistas de Galicia, o fotoxornalista lucense Pepe Álvez e o comisario da mostra, que chega a Lugo da man da Deputación tras percorrer o resto das provincias galegas
O mandatario provincial subliñou que a mostra “é un chamamento a frear o noso vertixinoso consumo de imaxes e a recuperar a capacidade de observar e reflexionar”, así mesmo puxo o foco en que “esta exposición reivindica a pluralidade, a convivencia e a diversidade, amosándonos os diferentes xeitos de ser galegos e galegas, ou de estar en Galicia”
A Galicia inédita: unha ollada diferente sobre o fotoxornalismo galego estará exposta ata o 10 de novembro. Conta con 73 imaxes acompañadas por textos e asinadas por fotoxornalistas e xornalistas de Galicia, que capturan diversos aspectos da nosa realidade social, económica e política
Ven, 11/10/2024 - 14:50