AMPLIACIÓN DO PRAZO DE SOLICITUDE: MÉRCORES 27 DE MARZO (INCLUIDO)

Tendo en conta as diversas incidencias producidas no acceso e proceso de sinatura e rexistro telematico e na aplicación @firma da rede SARA, que puideron afectar á presentación de solicitudes dentro da convocatoria do procedemento de concorrencia competitiva para a concesión de subvencións destinadas a entidades e clubs deportivos da provincia de Lugo da anualidade 2024, aprobada por acordo de Xunta de Goberno de 1 de marzo de 2024 e cuxo extracto se publicou no BOP nº 058 de data sábado, 9 de marzo de 2024.

Tendo en conta o previsto no artigo 32.4 Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Pública sestablece que:

 

4. Cando unha incidencia técnica imposibilitase o funcionamento ordinario do sistema ou aplicación que corresponda, e ata que se solucione o problema, a Administración poderá determinar unha ampliación dos prazos non vencidos e deberá publicar na sede electrónica tanto a incidencia técnica acontecida como a ampliación concreta do prazo non vencido.

Por Resolución de Presidencia de 22 de marzo de 2024, en base ao establecido no artigo 10 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público, acordouse:

Primeiro.- Avocar a competencia delegada na Xunta de Goberno Local para:

1º. Aprobar a ampliación ata o día 27 de marzo de 2024 (inclusive) do prazo para a presentación de solicitudes da convocatoria do procedemento de concorrencia competitiva para a concesión de subvencións destinadas a entidades e clubs deportivos da provincia de Lugo da anualidade 2024, aprobada por acordo de Xunta de Goberno de 1 de marzo de 2024 e cuxo extracto se publicou no BOP nº 058 de data sábado, 9 de marzo de 2024.

2º. Publicar a resolución de ampliación de prazo na sede electrónica da Deputación de Lugo conforme ao previsto polo artígo 32.4 de la Ley 39/2015, de 1 de octubre. E publicar así mesmo, o presente acordo no BOP de Lugo.

3-. Dar conta a Xunta de Goberno na primeira sesión que se celebre.

Publicación no BOP

____________________________________________________________________________________________________________________

A presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios telemáticos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Lugo http://deputacionlugo.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación admitidos pola sede electrónica da Deputacion de Lugo.

As solicitudes, ANEXOS e documentación que corresponda, deberán formularse con sinatura electrónica segundo corresponda, por presidente/a e/ou secretario/a.

De se producir presentación presencial, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN 

Toda a documentación deberá presentarse a través da sede electrónica e en formato PDF.

Para presentar a documentación na sede electrónica da Deputación Provincial pode acceder a través do seguinte enlace:

https://sede.deputacionlugo.org/opencms/opencms/sede

  • Sede electrónica
  • Subvencións
  • Subvencións concorrencia competitiva
  • Alta de solicitude

Asi mesmo, calquera documentación presentada con posterioridade á aquela formulada coa solicitude inicial deberá presentarse no referido expediente de solicitude. 

Se desexa presentar máis dunha solicitude deberá crear un expediente INDIVIDUALIZADO para cada unha delas, é dicir, crear expresamente un novo expediente para cada solicitude.

Prazo de presentación de solicitudes: 10 días hábiles, a contar a partir do día seguinte da publicación no BOP de Lugo do extracto da convocatoria (BOP núm. 058, do sábado 09 de marzo de 2024), polo tanto remata o venres 22 de marzo de 2024.

EMENDA DE DOCUMENTACIÓN

Unha vez revisada a documentación presentada, no caso de ser preciso, enviarase un requirimento a través da sede electrónica.

Recoméndase actualizar o enderezo de correo electrónico para a recepción das notificacións.

A forma de recibir a notificación é a seguinte:

  • Recibirá un correo electrónico no enderezo de correo electrónico que teña no seu perfil da sede electrónica.
  • Entre na sede electrónica da Deputación Provincial

https://sede.deputacionlugo.org/opencms/system/modules/sede/index

    • Identifíquese >> Carpeta cidadá >> Mis notificacións
    • Marque a notificación e indique "Recibir" ou "Deseo rechazar a documentación seleccionada"
    • A continuación asinará e aparecerá unha "certificación da documentación recibida". Para ver o requirimento deberá premer o botón FIRMAR na esquina inferior dereita.
    • Descargar e finalizar.

    PRESENTACIÓN DA NOVA DOCUMENTACIÓN

    • Entre na sede electrónica da Deputación Provincial

    https://sede.deputacionlugo.org/opencms/system/modules/sede/index

     

      • Identifíquese >> Carpeta cidadá >> Acceder a mi carpeta
      • Seleccione o expediente e marque INCORPORAR DOCUMENTACIÓN

      BASES

      DOCUMENTACIÓN

      Actividade competitiva federada, documentación que debe presentar:

      • Anexo 1 Instancia (pdf editable, prema, descargue e garde)
      • Anexo 2 Declaración responsable (pdf editable, prema, descargue e garde)
      • Anexo 3 Orzamento (pdf editable, prema, descargue e garde)
      • Anexo 4 Subcontratación (pdf editable, prema, descargue e garde)
      • Modelo de certificación federativa (pdf editable, prema, descargue e garde)
      • Copia do documento nacional de identidade do representante legal da entidade.

      • Copia do NIF da entidade.

      • Estatutos da entidade, inscritos no rexistro correspondente (no caso de non telos presentados con anterioridade)

      • Copia de certificado de inscrición no rexistro deportivo da Xunta de Galicia, no que conste o domicilio social do club/entidade ou copia de documento acreditativo análogo expedido pola delegación ou xefatura territorial competente, á data de publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

      • No caso de ter vehículo de titularidade do club/entidade, no caso de gastos de gasolina:

        • Copia, no seu caso para a acreditación da titularidade, de certificación da Xefatura Provincial de Tráfico da titularidade do vehículo do club/entidade.

        • No seu caso, declaración da indicación da necesidade de transporte para os elementos da competición.

      Organización de eventos, documentación que debe presentar:

      • Anexo 1 Instancia (pdf editable, prema, descargue e garde)
      • Anexo 2 Declaración responsable (pdf editable, prema, descargue e garde)
      • Anexo 3 Orzamento (pdf editable, prema, descargue e garde)
      • Anexo 4 Subcontratación (pdf editable, prema, descargue e garde)
      • Copia do documento nacional de identidade do representante legal da entidade.
      • Copia do NIF da entidade.

      • Estatutos da entidade, inscritos no rexistro correspondente (no caso de non telos presentados con anterioridade)

      • Copia de certificado de inscrición no rexistro deportivo da Xunta de Galicia, no que conste o domicilio social do club/entidade ou copia de documento acreditativo análogo expedido pola delegación ou xefatura territorial competente, á data de publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

      Extracto da convocatoria

       

      Información: 982 260 263

       

      carmen.culturaedeporte@deputacionlugo.org

       

       

      Axenda Deportes e Mocidade