TRADIGALU 2023

Programa de conservación, promoción e difusión da riqueza musical, aproveitando a división comarcal da provincia de Lugo.

Tradigalu é unha iniciativa de carácter itinerante e integradora dentro do ámbito territorial comarcal provincial, pensada para complementar e/ou espallar a programación cultural de natureza musical ás 13 comarcas da provincia de Lugo, xerando sinerxias para o desenvolvemento económico, para a promoción musico--cultural e para fomentar a integración e o benestar social ao permitir o acceso á cultural musical de toda a cidadanía.

Neste Programa poden participar grupos corais, grupos de música tradicional e bandas de música radicadas na provincia de Lugo e cuxas actuacións percorrerán o territorio das 13 comarcas da Provincia.

Ámbito territorial: Toda a provincia de Lugo

Ámbito temporal: Ata o 31 de decembro de 2023 ou co remate da aportación económica deste Programa.

* Os cachés das actuacións para os grupos actuantes deste Programa serán os seguintes:

 

 

 

BANDAS DE MÚSICA

 

-Bandas entre 10 e 15 participantes: 850 €

-Bandas entre 16 e 24 participantes: 1100 €

-Bandas entre 25 e 39 participantes: 1.500 €

-Bandas entre 40 e 50 participantes: 2.000 €

-Bandas de máis de 50 participantes:2.500 €

 

GRUPOS DE MÚSICA TRADICIONAL:

 

-Grupos de música tradicional con menos de 10 participantes: 750 €

-Grupos de musica tradicional entre 10 y 20 participantes: 900 €

-Grupos de música tradicional con máis de 20 participantes: 1.100 €

 

CORAIS:

- Corais entre 10 e 20 participantes: 900 €

-Corais con máis de 20 participantes: 1.100 €

 

 

 

* Os grupos musicais participantes neste Programa deberán:

 

  1. Estar dados de alta no IAE, nunha actividade, acorde coa prestación a desenvolver.

  2. Responsabilizarse do cumprimento da normativa legal e hixiénico-sanitaria (se fose o caso) vixente en cada momento para a organización e realización deste tipo de actividades ata o mesmo momento da finalización da actuación concedida, eximíndose a Deputación de Lugo de calquera responsabilidade derivada deste aspecto.

  3. Actuar, obrigatoriamente, co mesmo número de participantes contratados e de acordo ao caché que corresponda en cada caso.

  4. Realizar as actuacións nos lugares, días e horas sinalados pola Deputación de Lugo (servizo de Cultura).

  5. Expedir as facturas legais correspondentes ás actuacións realizadas e contratadas.

  6. Utilizar o idioma galego nas presentacións das actuacións.

  7. As actuacións dos grupos participantes neste Programa terán unha duración máxima dunha hora e media (90 minutos), podendo levarse a cabo nun único pase ou, pola contra, en dous pases de 45 minutos cada un.

  8. Os grupos terán que contar co seguro pertinente para a realización das actuacións. A Deputación queda exenta de calquera responsabilidade derivada deste programa, cumprimento dos protocolos de seguridade para a realización deste tipo de actividades e tamén de aquelas outras derivadas das situacións que se poidan producir non só durante os ensaios (se fose o caso), a propia actuación, senón tamén durante o desprazamento -previo e posterior ás actuacións- por parte dos grupos participantes neste programa.

  9. Non poderán participar grupos onde todos os seus componentes sexan menores de idade. Se en algún dos grupos participantes neste Programa existisen membros menores de idade deberá facerse cargo da súa seguridade a persoa responsable do grupo de música, quedando a Deputación de Lugo eximida de calquera responsabilidade derivada da participación de menores dentro dos grupos musicais que se presenten a este Programa.

Do mesmo xeito, en caso de existir integrantes menores de idade deberase asinar unha declaración responsable pola que se fará cargo da súa seguridade e demáis responsabilidades derivadas a persoa responsable do grupo de música, banda ou coral participante neste Programa.

  1. Aboar os gastos a terceiros que a súa actuación poida xerar (transporte, seguros, equipos para a actuación e material, gastos de persoal, impostos, seguridade social, etc...).

  2. Achegar, de ser preciso, todo o equipamento técnico necesario para poder levar a cabo a actuación (instrumentos, equipos de son...).

  3. O número máximo de actuacións que poderá realizar cada agrupación non poderá superar o importe do contrato menor. En canto ao réxime dos contratos menores, estarase ao disposto polo marco normativo establecido nos artigos 29.8, 118 e 131.3 da Lei 9/2017, de 8 de novembro de Contratos do Sector Público.

  4. Igualmente, cando unha asociación teña diferentes grupos musicais integrados no seu colectivo o límite máximo da participación neste Programa dos diferentes grupos musicais pertencentes a unha mesma Asociación será – no seu conxunto- o límite do contrato menor.

ESTÁS INTERESADO EN PARTICIPAR NESTE PROGRAMA?

Se o teu grupo de música tradicional, banda ou coral está interesado en participar neste Programa, podes poñerte en contacto co Servizo de Cultura da Deputación de Lugo:

Teléfonos de contacto: 982 260916/ 982 260059 / 982 260136/ 982 260919

Correo electrónico: cultura@deputacionlugo.gal

Se estás interesado en contar cunha actuación musical para a túa programación cultural ( festa, foliada, polavila, festival, magosto, …), debes poñerte en contacto co Servizo de Cultura da Deputación de Lugo:

Teléfonos de contacto: 982 260916/ 982 260059 / 982 260136/ 982 260919

Correo electrónico: cultura@deputacionlugo.gal