Menu toggle
Emprego
emprego

 

A creación de emprego e a mellora da súa calidade son dous dos obxectivos fundamentais da Deputación de Lugo, seguindo así a Estratexia Europa 2020, adoptada polo Consello Europeo o 17 de xuño de 2010.

O artigo 3 do Tratado da Unión Europea establece que un dos obxectivos é desenvolver unha economía social de mercado altamente competitiva, tendente ao pleno emprego e ao progreso social. Así, a Deputación de Lugo, identifica catro prioridades principais para reforzar a economía e facer fronte ás obrigacións da globalización, a escaseza dos recursos e o envellecemento da poboación:

1. Apoiar unha economía creadora de emprego, de cohesión social e territorial.

2. Remover as conciencias e romper os obstáculos en prol da participación das mulleres no mercado laboral.

3. Desenvolver unha economía baseada no coñecemento e a innovación.

4. Promover unha economía renovable máis ecolóxica e máis competitiva cun crecemento inclusivo.

Para conseguilas e preciso poñer en marcha programas destinados a fomentar e consolidar o espírito emprendedor e o tecido empresarial, eliminar a brecha de xénero no emprego, promover unha mellor conciliación da vida privada e laboral entre homes e mulleres na súa vida cotiá, así como combater todas as formas de violencia contra as mulleres, entre as que se atopa o acoso no posto de traballo.

Neste sentido, é preciso que a Deputación, dentro das súas competencias, recoñeza e aposte pola singularidade e especialización do modelo de inclusión laboral de persoas con especiais dificultades e dos mozos e mozas no mercado de traballo, facilitando a este último colectivo a súa emancipación e o acceso ao mundo laboral para que poidan desenvolver o seu proxecto de vida, velando así pola plena integración social e económica.

En prol da consecución de todos estes obxetivos, a Deputación de Lugo ármase dun instrumento máis, a Axencia de Colocación, destinada a ser un punto de conexión entre empresas, emprendedores e desempregados con fin de promover o progreso económico e social da provincia de Lugo e dos seus cidadáns, baseado no principio de igualdade de oportunidades.

 

Axenda emprego