O Proxecto “Y para vivir Lugo” creouse para combater o reto demográfico existente en maior medida no rural da provincia de Lugo.
As Bases da Convocatoria para o fomento do aluguer dentro deste proxecto, promove a creación dunha bolsa de aluguer de vivendas privadas rurais, nos concellos piloto de A Fonsagrada, O Valadouro e Xermade, representativos das comarcas da montaña, A Mariña e a Terra Chá, sen prexuízo de que poda extenderse ó resto de concellos da provincia de Lugo que conten con menos de 5.000 habitantes.
Desta forma, os propietarios ou usufructuarios das vivendas, sen ánimo de lucro, poderán beneficiarse dunha axuda por contía de 600,00 euros, por cada inmoble que se poña a disposición da bolsa de aluguer cun período de permanencia de 3 anos.
Para axudar ós novos inquilinos, unha vez materializado o contrato de arrendamento, os arrendadores teñen a obriga de rebaixar o importe da primeira mensualidade ó 50% para atenuar os gastos que implica o cambio de residencia. En total serán 50 axudas económicas.
Esta convocatoria regulase pola Orden Ted/1358/2021 de 1 de decembro para a financiación de
proxectos innovadores para a transformación territorial e a loita contra o despoboamento, a través do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico. O orzamento dispoñible é de 30.000€.
Prazo: Dende o día 01.02.2024 ata o 15.03.2024
Documentación: Deberanse cumprimentar os seguintes Anexos que se relacionan a continuación:
Anexos para único solicitante:
Anexos para múltiples solicitantes:
Como cubrir os Anexos:
Deberase cumprimentar o formato editable en word para posteriormente, unha vez cuberto, transformalo en formato PDF no caso de presentalo a través da sede electrónica.
Onde presentalo:
- Presentación presencial: no Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Lugo sito na Rúa San Marcos Núm. 8, 27001-Lugo.
- Presentación telemática: a través da sede electrónica da Deputación Provincial de Lugo, na seguinte dirección electrónica: www.deputacionlugo.gal
Bases: Descargar
Ampliación: Descargar
Contacto:
Tlf: 982260221