Menu toggle
Emprego

 

 

 

 

Y PARA VIVIR LUGO” - CULTIVO

 

O Proxecto “Y para vivir Lugo” creouse para combater o reto demográfico existente en maior medida no rural da provincia de Lugo.

As Bases da Convocatoria para o fomento do cultivo de trigo (variedades autóctonas) e a plantación de physalis promove o uso do chan para o cultivo en zonas rurais, de forma prioritaria nos Concellos Piloto de Xermade, O Valadouro e A Fonsagrada, sen prexuízo de que poda estenderse ó resto de concellos da provincia de Lugo que conten con menos de 5.000 habitantes.

Incentivase o cultivo de trigo de especies autóctonas como callobre e caaveiro, así como tamén un novo tipo de cultivo como son os physalis, converténdose nunha ferramenta fundamental para recuperar a capacidade económica, xerar emprego e contribuír a que as zonas rurais sexan lugares sostibles, adecuados e atractivos para vivir.

 

A contía da subvención será:

  • 500 euros por cada Ha destinada ó cultivo de trigo autóctono das variedades callobre e caaveiro. (Mínimo de 1 ha e máximo de 5 ha)

  • 26,30 euros para o cultivo de physalis.

O orzamento dispoñible para esta actividade é de 40.000 euros.

Beneficiarios:

  • O agricultor ou gandeiro individual.

  • Sociedades agrarias de transformación.

  • Persoas xurídicas que ostenten a representación da explotación.

  • Persoas físicas ou xurídicas que asuman o compromiso da súa incorporación á agricultura ou gandeira.

  • Comunidades de bens ou sociedades civís que sexan titulares de explotacións agrícolas y/ou gandeiras.

Os beneficiarios deberán comprometerse a ter en produción ou en funcionamento durante un período mínimo dunha colleita.

 

A superficie a incorporar a explotación pode ser en concepto de propiedade, aluguer, cesión ou calquera outro instrumento xurídico que confira o dereito de uso do ben.

 

Estas axudas acollese ó Regulamento (UE) nº 1408/2013, da Comisión, de 18 de decembro de 2013, relativo a la aplicación de los artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea ás axudas de mínimis no sector agrícola, publicado no Diario Oficial da Unión Europea Serie L número 352 de 24 de decembro de 2013.

 

Prazo: Dende o día 23.02.2024 ata o 25.03.2024

Documentación: Deberanse cumprimentar os seguintes Anexos que se relacionan a continuación:

  • Anexos que deberanse entregar no momento da solicitude:

  1. Anexo I Solicitude

  2. Anexo II Solicitude de autorización para a subcontratación de actividades subvencionadas con terceiros

  3. Anexo III Memoria de Actividades

  4. Anexo IV Declaración responsable para actuar en representación
     

Modelo de documento de cesión de uso de terreos

 

 

Como cubrilos:

Deberase cumprimentar o formato editable en word para posteriormente, unha vez cuberto, transformalo en formato PDF no caso de presentalo a través da sede electrónica.

 

Onde presentalo:

- Presentación presencial: no Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Lugo sito na Rúa San Marcos Núm. 8, 27001-Lugo.

- Presentación telemática: a través da sede electrónica da Deputación Provincial de Lugo, na seguinte dirección electrónica: www.deputacionlugo.gal

 

Bases: Descargar

 

Contacto:

Axenda emprego