CONVOCATORIA, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA, PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS DESTINADAS A ENTIDADES ASOCIATIVAS SEN ÁNIMO DE LUCRO DAS RESERVAS DA BIOSFERA TERRAS DO MIÑO E OS ANCARES LUCENSES PARA PROXECTOS DE INVESTIMENTOS QUE PROMOVAN A POSTA EN VALOR DO PATRIMONIO NATURAL, CULTURAL E PAISAXÍSTICO DESTES TERRITORIOS NA ANUALIDADE 2025
A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Lugo en sesión celebrada o 25 de abril de 2025, acordou a aprobación das bases da convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións destinadas a entidades asociativas sen ánimo de lucro das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses para proxectos de investimentos que promovan a posta en valor do patrimonio natural, cultural e paisaxístico destes territorios na anualidade 2025.
Beneficiarios
Estas entidades ou asociacións sen ánimo de lucro deben estar legalmente constituídas, inscritas no rexistro publico correspondente na data de publicación desta convocatoria, con sede/delegación social ou cuxo ámbito territorial de actuación estea incluído nas Reservas da Biosfera Terras do Miño ou Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá (en adiante, Os Ancares Lucenses), e cuxo obxecto social estea relacionado con algunha das liñas dos Plans de Xestión das referidas Reservas.
Obxecto
Constitúe o obxecto desta convocatoria a ordenación do procedemento aplicable para a concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva destinadas a entidades asociativas legalmente constituídas sen ánimo de lucro con sede/delegación social ou cuxo ámbito territorial de actuación estea incluído nas Reservas da Biosfera Terras do Miño ou Os Ancares Lucenses, e cuxo obxecto social estea relacionado con algunha das liñas de acción dos plans das ditas Reservas.
Estas subvencións están destinadas ao desenvolvemento de proxectos de investimentos de posta en valor do patrimonio natural, cultural e paisaxístico destes territorios na anualidade de 2025, e cuxos fins contribúan ao cumprimento dalgunha das Liñas dos seus Plans de Xestión.
A convocatoria inclúe dúas liñas diferenciadas:
Gastos subvencionables
Terán a consideración de gastos subvencionables, aqueles considerados como inversións (non se considerarán subvencionables os gastos correntes) que contribúan ao cumprimento dalgunha das Accións dos Plans de Xestión das Reservas da Biosfera Terras do Miño ou Os Ancares Lucenses, sempre que se enmarquen nunha das actuacións recollidas na base 1 da convocatoria.
Contía
A cantidade destinada para a concesión de subvencións destinadas a entidades asociativas das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses para o desenvolvemento de actividades de posta en valor do patrimonio natural, cultural e paisaxístico destes territorios na anualidade 2025 será de cento cincuenta mil euros (150.000,00 €):
A subvención que a Deputación Provincial pode conceder estará comprendida no intervalo establecido na seguinte táboa:
IMPORTE MÍNIMO |
IMPORTE MÁXIMO |
2.000,00 € |
12.000,00 € |
Cando menos, o 5% do custo total da actuación subvencionada deberá ser financiado con recursos propios da entidade beneficiaria.
Concesión definitiva (enlace ao BOP nº 210 do 12.09.2025)
A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Lugo en sesión celebrada o 1 de agosto de 2025, acordou aprobar a resolución provisional de concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva destinadas a entidades asociativas sen ánimo de lucro das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses para proxectos de investimentos que promovan a posta en valor do patrimonio natural, cultural e paisaxístico destes territorios na anualidade 2025, e notificar o acordo provisional aos interesados de acordo co previsto na base 10 da convocatoria, concedéndolles un prazo de dez días hábiles, a contar dende o día seguinte ao da publicación do citado acordo de resolución provisional no BOP, para presentar alegacións.
O anuncio da resolución provisional publicouse o día 7 de agosto de 2025 no BOP de Lugo nº 180 e na web da Deputación Provincial.
Detectado erro no anuncio publicado no Boletín Oficial da Provincia de Lugo núm. 180 do día 7 de agosto de 2025, deuse novamente publicidade, na súa integridade, da resolución provisional da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a entidades asociativas sen ánimo de lucro das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses para proxectos de investimentos que promovan a posta en valor do patrimonio natural, cultural e paisaxístico destes territorios na anualidade 2025.
Este anuncio da resolución provisional publicouse o día 12 de agosto de 2025 no BOP de Lugo nº 184 do e na web da Deputación Provincial, concedendo un novo prazo de 10 hábiles, a contar dende o día seguinte ao da publicación do citado acordo de resolución provisional no BOP, para presentar alegacións, non presentándose ningunha alegación no prazo concedido.
Polo tanto, de acordo co punto 10 CONCESIÓN E COMUNICACIÓN das bases da convocatoria, o acordo de concesión provisional ten carácter definitivo e procedeuse á publicación do anuncio da resolución definitiva no BOP de Lugo nº 210 do día 12 de setembro de 2025 e na web da Deputación Provincial (http://deputacionlugo.gal/gl/temas/medioambiente/subv_activ_RRBB2025).
PRESENTACIÓN DA XUSTIFICACIÓN
Unha vez finalizada a actuación ou proxecto e no prazo establecido, as entidades beneficiarias das axudas deberán xustificar o cumprimento da finalidade da actuación subvencionada.
A rendición da conta xustificativa constitúe un acto obrigatorio do beneficiario/a, e a súa presentación realizarase no prazo de tres meses a contar a partir da execución da actividade e, en calquera caso, rematará o 31 de marzo de 2026.
De acordo co previsto nas bases da convocatoria, a xustificación efectuarase na forma de conta xustificativa simplificada, nos modelos oficiais xunto coa documentación que sexa preciso achegar, que deberá ser remitida electronicamente a través da sede da Deputación ou a través dos rexistros establecidos no artigo 16.4 da LPACAP.
Calquera documentación presentada con posterioridade á aquela formulada coa solicitude inicial deberá presentarse no referido expediente de solicitude.
https://sede.deputacionlugo.org/opencms/opencms/sede
Para acceder a expediente deberá seguir os seguintes pasos:
Para máis información:
Teléfono: 982 227 813/812
E-mails: terrasdomino@deputacionlugo.org
ancareslucenses@deputacionlugo.org
Bases da convocatoria e outra documentación de interese:
Publicación anuncio convocatoria BOP 02.05.2025
Publicación anuncio resolución provisional BOP 07.08.2025
Publicación corrección erros anuncio resolución provisional BOP 12.08.2025
Publicación anuncio resolución definitiva BOP 12.09.2025
Plan de Xestión da Reserva da Biosfera Terras do Miño (2024-2034)
Plan de Xestión da Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá (2024-2034)
Modelo de renuncia á subvención concedida definitivamente. Formato .odt
Modelos para a xustificación:
Anexo IV: Solicitude de anticipo. Formato pdf editable (prema, descargue e garde). Formato .odt
Anexo V: Memoria conta xustificativa. Formato pdf editable (prema, descargue e garde). Formato .odt
Anexo VI: Relación clasificada de gastos. Formato pdf editable (prema, descargue e garde). Formato .odt
Anexo VII: Declaración conxunta. Formato pdf editable (prema, descargue e garde). Formato .odt
Logotipos a incluir na execución das actividades:
- Imaxe corporativa da Deputación de Lugo