O 1º Curso de interpretación de Música Medieval Sons dos Camiños celebrarase do 27 ao 30 de abril nas instalacións do Centro de Artesanía e Deseño de Lugo

Docentes

Francisco Luengo: corda frotada, violas, gigas e organistrum

Manuel Vilas: arpa medieval

Bor Zuljan: corda pulsada, cítolas e lúdes.

Paloma Guitiérrez del Arroyo: canto

Horarios

De 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas

Sobre o desenvolvemento do curso

A temática estará centrada na música dos trobadores galegos e moi concretamente nas obras de Afonso X. Estudarase a interpretación destas obras, tanto no aspecto vocal como instrumental, e os seus antecedentes,  composicións orixinais dos que se fixeron contrafacta.

As clases contarán con sesión de técnica individual e colectiva en horario de 10  a 14 horas, cunha pausa ás 12:00 horas.

As clases de canto serán sempre en grupo, podendo dedicar algunha sesión a aspectos individuais se os alumnos o requiren (neste caso, deberán traer texto manuscrito e traducción da peza que queiran traballar en copia impresa para a profesora e en USB para poder proxectalo para todo o grupo)

Os alumnos de instrumentos poderán asistir a todas as clases que se impartan do seu instrumento.

A tarde iniciarase cunha exposición a cargo de cada un dos profesores, ás 16.30h, sobre aspectos relevantes cara a interpretación, estilísticos, históricos e funcionais.

Continuará ás 18.00 horas con clases de instrrumento e conxunto  instrumental.

Rematará o curso cun concerto de alumnos o domingo día 30, as 19.00 h, no salón central do CENTRAD.