O Presidente salienta a excelencia dos viños da Ribeira Sacra na XXIX Cata celebra en Pantón
O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou na tardiña deste venres no acto de entrega de premios da XXIX Cata dos Viños da Ribeira Sacra, celebrado no IBERIK Augas Santas Balneario & Golf de Pantón.
Tomé Roca destacou “a altísima calidade dos viños que se están facendo na Ribeira Sacra, viños de primeiro nivel, á vangarda no mercado e xa recoñecidos e apreciados a nivel internacional”. Tamén puxo en valor o traballo dos viticultores, adegueiros da comarca e o traballo que desenvolve a Denominación de Orixe, afirmando que “son un exemplo de compromiso coa terra, coa tradición e coa innovación”.
A cata, organizada polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, contou coa participación de 21 adegas e 65 mostras, entre viños brancos, tintos e doutras añadas. Os premios entregados foron elaborados polo artesán José Elías González Prieto, do Centro de Alfarería de Gundivós, unha mostra máis do vínculo entre o viño e a cultura da Ribeira Sacra.
A Deputación de Lugo continúa así apoiando un sector estratéxico para o desenvolvemento económico e turístico da provincia, apostando por produtos de calidade que definen a identidade da Ribeira Sacra no mundo.