A Deputación arranca as obras nun novo tramo da estrada de Lugo a Palas de Rei cun investimento de 350.000€
A institución provincial vén de comezar os traballos en preto de 8 quilómetros da LU-P-2901, entre os puntos quilométricos 5,5 e 13,1, ao seu paso polo concello lucense, nos que se acometerán traballos de reapertura de cunetas, pavimentación e sinalización horizontal
A estrada vertebra a comunicación dos concellos de Lugo e Palas de Rei, polo que as obras benefician a moitos veciños e veciñas, ademais de aos peregrinos por situarse ao pé do Camiño de Santiago
Entre as obras que se veñen de iniciar e as xa rematadas, a Deputación dedicou un total de 610.000€ á mellora desta vía entre o pasado ano e este 2022
Xov, 18/08/2022 - 12:35