CERTAME ESCOLAR DE ILUSTRACIÓN ilustrarNÓS

Cada 30 de xaneiro, desde 2014, celebramos o Día da Ilustración como xeito de impulsar esta arte, popularizar a obra de diferentes profesionais e animar á creación artística como punto de partida para novos valores da ilustración galega.

Esta efeméride coincide co aniversario do nacemento de Castelao. O que outrora fora membro do Seminario de Estudos Galegos e do grupo Nós, creativo e divulgador a través de múltiples formas de expresión, deixou a súa pegada plasmada en numerosas ilustracións, caricaturas e escritos que o converten na cabeceira dunha grande lista de artistas que a nosa ilustración foi dando ao longo do tempo e que este 2022 lembra a figura de Reimundo Patiño, pintor, gravador e autor de BD. 

Co obxectivo de promover entre o alumnado dos centros educativos da provincia a creatividade artística e plástica e achegarlle o gusto pola arte de ilustrar, a Área de Cultura da Deputación de Lugo convoca o II Certame Escolar de Ilustración ilustrarNós.

Bases

Ficha de inscrición