XOIARÍA INICIACIÓN TÉCNICAS BÁSICAS I  (prazo de inscrición aberto das 9:00h do 15 de abril ata ás 15:00h do 18 de abril)

PROGRAMA: Visión xeral do taller e introdución nos procedementos básicos de fabricación en ourivería

DURACION: 52 horas   

DATAS: Do 22 de abril ao 4 de maio, de luns a xoves. 
HORARIO: De 16:30 a 20:30 horas
Nº DE ALUMNOS: 6

XOIARÍA CREATIVA  (o prazo de inscrición abrirase proximamente)

PROGRAMA: Ao longo deste curso preténdese desenvolver a capacidade de investigación e creatividade do alumnado, co desenvolvemento libre de pezas de xoiería a partir da combinación de materiais de distinta natureza.                                                           
DURACIÓN: 52 horas

DATAS:  Do 3 ao 24 de xuño, de luns a xoves. 
HORARIO: De 16:30  a 20:30 horas.
Nº DE ALUMNOS: 6

XOIARÍA TÉCNICAS BÁSICAS II (o prazo de inscrición abrirase proximamente)

PROGRAMA: O alumnado ampliará coñecementos e novas técnicas tradicionais sobre o traballo a realizar no obradoiro de xoiería: fabricación de volumes, aplicación de texturas, acabados, etc

DATAS: Do 4 ao 25 de novembro, de luns a xoves. 
HORARIO: De 16:30  a 20:30 horas
Nº DE ALUMNOS: 6 (Para poder realizar este curso é necesario estar en posesión do certificado do curso Ténicas Básicas de Xoiería I)

 

TEAR DE BAIXO LIZO (prazo de inscrición aberto das 9:00h do 15 de abril ata ás 15:00h do 18 de abril)

PROGRAMA: Visión xeral do taller e introdución nos procedementos básicos ; Iniciación ao tapiz
DURACIÓN: 100 horas

DATAS: Do 6 de maio ao 17 de xuño, de luns a xoves.
HORARIOS: De 10:00 a 14:00 horas
N.º ALUMNOS: 7

TEAR DE ALTO LIZO (o prazo de inscrición abrirase proximamente)

PROGRAMA: Visión xeral do taller e introdución nos procedementos básicos; achegamento ao tecido en alto lizo montando cada alumno o seu tear; confección dunha peza 
DURACIÓN: 100 horas

DATAS: Do 14 de outubro ao 25 de novembro, de luns a xoves. 
HORARIOS: De 10:00 a 14:00 horas.
N.º ALUMNOS: 10
 

PRAZO DE SOLICITUDE E  SELECCIÓN PARA XOIARÍA INICIACIÓN TÉCNICAS BÁSICAS I E TEAR DE BAIXO LIZO 
      
O prazo de presentación de solicitudes abrirase ás 9:00h do 15 de abril ata ás 15:00h do 18 de abril. A selección dos participantes realizarase por rigorosa orde de inscrición mediante a remisión dun correo electrónico ao seguinte enderezo: info.centrad@deputacionlugo.org , indicando os seguintes datos:
      Nome e apelidos:
      DNI:
      Teléfono:
      Correo electrónico:
      Curso:

Formulario de incrición. para os cursos de XOIARÍA INICIACIÓN TÉCNICAS BÁSICAS I e TEAR DE BAIXO LIZO
      

  • Só se admitirán aquelas solicitudes remitidas dentro do plazo establecido e que reúnan todos os datos indicados, desestimándose aquelas que incumpran algún destes requisitos. En consecuencia, para a selección do participante no curso terase unicamente en conta a hora e a data daquelas solicitudes debidamente cumprimentadas.

      

  • Coa finalidade de garantir o aproveitamento e o cumprimento dos obxectivos formativos dos cursos só se permitirá un 15% de faltas de asistencia según o cómputo total de horas do curso, estas faltas considéranse inxustificadas cando non se presenta ningunha xustificación válida, como un certificado médico o unha autorización do centro. Se as faltas superan o límite establecido, o asistente poderá ser dado de baixa do curso e perder a oportunidade de obter o certificado correspondente