A Deputación reivindica o papel da Granxa Gayoso Castro como laboratorio vivo de formación veterinaria
A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio abriu o foro A profesión veterinaria: os retos de futuro organizado co xornal El Progreso coa finalidade de visibilizar o Campus Terra como motor de coñecemento e investigación na provincia
O encontro, celebrado esta tarde no Pazo de San Marcos, contou coa participación do catedrático Juan José Badiola e con representantes do ámbito académico, institucional e profesional da veterinaria
Lun, 30/06/2025 - 18:23