A Deputación despide a primeira parte do programa Coñece a túa provincia, con preto de 1.800 beneficiarios
A Deputada de Turismo destacou o bo funcionamento e o éxito deste programa do que xa gozaron 86 colectivos e asociacións da provincia e que se retomará tras os meses estivais
“As viaxes funcionan e cumpren cos obxectivos cos que as organizamos: facer comunidade, favorecer que a veciñanza coñeza a súa propia provincia, e, con iso, dinamizar a actividade do turismo, da hostalería e do comercio”
García Porto sinalou que os participantes valoraron positivamente a organización, os itinerarios e o desenvolvemento das rutas polo patrimonio natural, histórico, cultural e gastronómico da provincia de Lugo
Sáb, 02/07/2022 - 11:03