Menu toggle
Innovación e TIC

IN LUGO

 

inllugo

 

A Deputación de Lugo pon en marcha un Centro experimental e do coñecemento paa a xeración de proxectos innovadores que favorezan o benestar social mediante as novas tecnoloxías. Trátase de IN LUGO (Centro de Innovación Social). O seu obxectivo principal é o impulso dun modelo de crecemento social baseado nas TIC como instrumento para a promoción da igualdade social, a mellora do benestar e a calidade de vida dos cidadáns, especialmente dos colectivos máis desfavorecidos. Isto supón, en consecuencia, o fortalecemento da competitividade empresarial, así como a aplicación das inversións en I+D+i.

O proxecto planéase coa metodoloxía de base dos living-lab, plataformas de investigación que parten de distintos modelos de asociación público-privada entre empresas, entidades públicas, universidades, institutos e cidadanía. Todos estes actores colaboran para a creación, deseño de prototipos, validación e prueba de novos servizos e sistemas en contextos da vida real.
Os obxectivos operativos do IN LUGO son:

  1. Xerar proxectos que incorporen novos coñecementos e aporten un compoñente de innovación, relacionados directamente con colectivos desfavorecidos.
     
  2. Potenciar a implicación de diversas organizacións na consecución de proxectos innovadores:
     
    • Centros de investigación e tecnoloxía, oficinas de transferencia, universidades e investigadores.
    • Empresas, organismos, asociacións e outras entidades relacionadas de forma directa cos colectivos obxectivo.
    • Centros de formación presencial e a distancia
    • Persoas en risco de exclusión social
       
  3. Socializar e ofrecer á cidadanía en xeral, e a algúns colectivos específicos en particular (universitarios, grupos infantís e xuvenís, discapacitados, terceira idade, desempregados, etc,) oportunidades para o coñecemento de actividades e recursos relacionados coa investigación e a Sociedade da Información.
     
  4. Promover sinerxias e proxectos vencellados á Sociedade da Información, así como potenciar a creación de redes de coñecemento que favorezan o intercambio de ideas, o apoio entre os distintos axentes e a filosofía da colaboración e cooperación.
     
  5. Trasladar á contorna empresarial e social as experiencias na ampliación dos proxectos xerados, dando lugar á creación de empresas innovadoras, xeración de emprego e unha maior interrelación e cooperación empresarial.

 

Axenda Innovación e TIC