Menu toggle
Innovación e TIC
INNOVA-TE LUGO: TECNOLOXÍA AO SERVIZO DA COHESIÓN SOCIAL E A COMPETITIVIDADE EMPRESARIAL

 

innovate

 

O proxecto InnovaTE é un proxecto cuxo obxectivo principal é reforzar a cohesión territorial da provincia de Lugo fomentando a aplicación das tecnoloxías e a innovación ao ámbito administrativo e empresarial; reforzando a participación da sociedade civil na mellora da vida local. As actuacións realizadas neste proxecto son as que se detallan a continuación:

  1. Actuacións técnicas de dotación de infraestruturas tecnolóxicas e software: instalación dun CPD (Centro de Proceso de Datos); nos seus servidores instalouse a plataforma de portais entre os que se inclúe a creación do BOP electrónico. Adicionalmente creouse un Sistema de Información Xeográfica.
  2. Creación dun Centro de Respaldo na Deputación: instalación dun CPD de Respaldo que servirá de backup ao CPD principal.
  3. Creación dun centro de apoio á e-administración: creación dun Centro de Atención ao Usuario que permite resolver as incidencias ou dúbidas relacionadas co uso da e-administración.
  4. Auditorías individualizadas: realizadas nos concellos do ámbito de actuación do proxecto InnovaTE para detectaras as súas necesidades en materia tecnolóxica.
  5. Actuacións técnicas de dotación de infraestruturas tecnolóxicas: concesión aos concellos de equipamiento informático axeitado en función das necesidades detectadas nas auditorías tecnolóxicas.
  6. Implantación da administración electrónica: definición da estratexia, implantación e asesoría técnica; implantación de 54 procedementos e dotación aos usuarios de diversas ferramentas que permitiron optimizar o uso das novas tecnoloxías, tales como o xestor de expedientes, a plataforma de notificacións telemáticas, a intranet, unha plataforma de formación on-line, unha ferramenta de xestión de cadro de mandos e o servizo de pago telemático.
  7. Plan de formación integral: formación aos usuarios sobre as distintas ferramentas implantadas no proxecto.
  8. Implantación da administración electrónica nos concellos: posta en funcionamiento de 80 procedementos, creación de 43 sedes electrónicas e dotación aos concellos das ferramentas necesarias para poder tramitar electronicamente os procedementos mencionados anteriormente.
  9. Elaboración e desenvolvemento de modelos de intervención: mellora de conexión en varios edificios da Deputación permitindo crear así unha rede interadministrativa a través da cal se prestaron servizos aos concellos.
  10. Actuacións de información sobre orientación e soporte técnico.
  11. Plan de alfabetización tecnolóxica e capacitación en materia TIC.
  12. Creación dun Centro Virtual de Asesoramiento Empresarial: permite asesorar ás empresas sobre múltiples cuestións, con especial incidencia no uso das TIC.
  13. Rede Móbil de Axentes de Dinamización Tecnolóxica e Empresarial: fomenta o coñecemento e uso da administración electrónica por parte de toda a cidadanía.
  14. Actuacións de Xestión e Seguemento: labores de coordinación, control e seguemento do proxecto.
  15. Actuacións de Información e Publicidade.