Pilar García Porto reclama “recoñecemento e reparación para as mulleres vítimas da represión franquista”
A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo abriu no Pazo de San Marcos a xornada sobre o Patronato de Protección a la Mujer, organizada pola Deputación de Lugo e a Fundación Luis Tilve no marco do programa Lugo con Memoria
Decenas de persoas escoitaron as tres especialistas en memoria histórica e feminismo que afondaron no control moral e social exercido sobre as mulleres, os abusos sufridos e a necesidade de avanzar no recoñecemento das vítimas
Xov, 29/10/2026 - 20:46