Pazo de Tor acollerá o vindeiro 13 de xullo o Encontro de Boas Iniciativas Culturais. Esta xornada nace coa firme vontade de reunir a persoas, entidades e proxectos culturais de toda Galicia para observar, reflexionar colectivamente e intercambiar aprendizaxes. O obxectivo central é dar resposta a unha pregunta común: que fai que unha iniciativa cultural sexa capaz de construír comunidade, transformar un territorio e manterse viva ao longo do tempo?

No remate da sesión da mañá, celebrarase un xantar de traballo, aberto á participación das persoas que asistan como público, co obxectivo de extender o diálogo que se abra nas distintas mesas e propiciar un contacto informal que colectivos e profesionais poidan manter no tempo. A participación na xornada e no xantar require inscrición previa no enderezo electrónico comunidadermpl@gmail.com

 

Encontro de Boas Iniciativas Culturais: Escola, Cultura e Territorio