Mans Artesás 2026 é unha iniciativa de carácter itinerante e integradora dentro do ámbito territorial comarcal provincial, pensada para complementar e/ou espallar a programación cultural de natureza artesanal ás 13 comarcas da provincia de Lugo, xerando unha coordinación para o desenvolvemento
económico, a promoción artesanal e o fomento da integración e do benestar social ao permitir o acceso á artesanía de toda a cidadanía.

 

Neste Programa poden participar os Concellos e Entidades sen ánimo de lucro radicadas na provincia de Lugo, así como os/as artesáns/ás da provincia de Lugo que desexen acollerse ao programa.
 

Ao abeiro deste programa poderán desenvolverse actividades dentro das seguintes modalidades:

- Demostración: destinada a promover a percepción por parte do público en xeral dun determinado labor artesanal nun contexto de desenvolvemento nunha feira, festa ou outros eventos públicos xeralmente vencellados coa promoción e/ou difusión da artesanía e promoción económica. O/a artesán/artesá terá que achegar os materiais e ferramentas necesarios para o correcto desenvolvemento da actividade.
 

- Obradoiro: espazo de aprendizaxe e práctica dunha actividade artesanal, interactuando co público nun contexto de desenvolvemento nunha feira, festa ou outros eventos públicos xeralmente vencellados coa promoción e/ou difusión da artesanía e promoción económica. o/a artesán/artesá terá
que achegar os materiais e ferramentas necesarios para o correcto desenvolvemento da actividade.

 

- Curso: Adquisición de coñecementos e habilidades prácticas para desenvolver un oficio artesanal. Terá unha duración máxima de vintecatro horas, establecéndose un mínimo de tres horas por xornada. O número de alumnos será, con carácter xeral, dun mínimo de oito e un máximo de doce. Para acadar unha mellor xestión do curso, a determinación do número do alumnado realizarase atendendo ao criterio do docente responsable e ás características específicas da disciplina.

SOLICITUDES

Para solicitar unha actividade do programa “ Mans Artesás 2026” , as entidades interesadas deberán remitir un correo electrónico a formacion.centrad@deputacionlugo.org cunha antelación mínima de 20 días con respecto á data de inicio da actividade, coa seguinte información:

➢ Nome da Entidade

➢ Nome da persoa representante da mesma e teléfono de contacto

➢ Lugar, data/s e horarios da actividade

➢ Tipoloxía da actividade proposta (demostración, obradoiro ou curso). Consulta aquí o catálogo de actividades dispoñibles.

➢ Disciplina artesanal indicando un mínimo de tres opcións por orde de preferencia

Ao abeiro deste programa as entidades interesadas poderán demandar un máximo de catro actividades coa única condición que en ningún caso poidan superar o límite de tres cursos.

As actuacións atenderanse por orde de recepción e ata esgotar o orzamento previsto.

O período de execución das actuacións establecido para o programa “Mans Artesás 2026” materializarase dende a súa aprobación ata o 31 de decembro de 2026. E o prazo de solicitude rematará o 11 de decembro de 2026.

 

ARTESÁS/ANS INTERESADOS EN PARTICIPAR NAS ACTIVIDADES

Os/as artesáns/ás que desexen acollerse ao programa “Mans Artesás 2026” deberán achegar o formulario de adhesión  mediante correo electrónico ao enderezo formacion.centrad@deputacionlugo.org

Formulario de adhesión (preme e descarga)

O docente responsabilizarase de achegar, tanto as ferramentas de uso compartido, como as ferramentas especificas requiridas para o desenvolvemento do curso; mentres que a entidade interesada aportará os materiais e ferramentas básicas para desenvolver a actividade 

Entenderase:

- Ferramenta de uso compartido aquela deseñada para ser utilizada por todos os participantes

- Ferramenta de uso específíco aquela que polas súas características particulares vencelladas coa disciplina artesanal requerida, e de uso específico, presenta unha limitada disponibilidade no mercado

As condicións establecidas para a realización das actividades serán as seguintes, tendo en conta que os importes máximos sinalados a continuación estimaranse sen o Imposto de Valor Engadido (IVE)

ACTIVIDADE

DURACIÓN

IMPORTE

Demostración

Máximo 4 horas

300,00€ ( 75,00€/h)

Obradoiro

Máximo 4 horas

400,00€ ( 100,00€/h)

Curso

Máximo 24 horas

1200,00€ ( 50,00€/h)


 

Ao abeiro do Programa Mans Artesás 2026 , co obxectivo de garantir unha participación equitativa, a igualdade de oportunidades e a transparencia no acceso ás actividades inherentes ao citado programa, a asignación das actividades realizarase mediante un sistema rotatorio entre os/as artesáns/ás debidamente inscritos no programa.

Este sistema de rotación establecerase segundo a orde de inscrición dos/as artesáns/ás no Programa, de xeito que para cada unha das actividades incluidas e, de conformidade cos principios establecidos na lexislación vixente en materia de contratos do sector público, invitarase, respectando a orde de inscrición, a un mínimo de tres artesáns/ás para a súa realización .

A asignación final da actividade realizarase respectando, en todo caso, a orde rotatoria ,polo que, en consecuencia, no suposto de empate nas ofertas económicas achegadas para o desenvolvemento dunha actividade concreta, procederase á adxudicación da dita actividade a aquel/a artesán/á que non resultase adxudicatario/a en anteriores procedementos.

Obrigas e compromisos das partes

Entidades

a) Velar polo correcto desenvolvemento da actividade concedida, responsabilizándose do cumprimento da normativa legal e da hixiénico-sanitaria (se fose o caso) que sexa de aplicación en cada momento para a organización e realización deste tipo de actividades ata o mesmo momento da finalización da actuación concedida, eximíndose a Deputación de Lugo de calquera responsabilidade derivada deste aspecto.

b) A entidade beneficiaria da actividade deberá contar co seguro de responsabilidade civil e danos a terceiros. A Deputación queda exenta de calquera responsabilidade derivada deste programa, incluíndo as situacións que se poidan producir non só durante a propia acción , senón tamén durante o desprazamento previo e posterior á actividade proposta.

c) Non se poderá facer ningunha modificación na actuación proposta (data, hora, artesán/áasignado/a) sen autorización expresa por parte da Área de Deportes, Artesanía e Deseño e Memoria Histórica/ CENTRAD.

d) Achegar, en relación aos cursos, os materiais e ferramentas básicas para desenvolver a actividade.

e) En ningún caso as entidades interesadas elixirán ao/a artesán/á

f) Utilizar o idioma galego nos carteis anunciadores en toda a propaganda que se faga da actividade.

g) Incluir na publicidade anunciante da actividade o logotipo da Área de Deportes, Artesanía e Deseño e Memoria Histórica/ CENTRAD (Descarga)

h) Achegar unha vez finalizada a actividade a Declaración Responsable de Realización de Actividade.

 

Artesáns/Artesás:

a) Presentar documentación acreditativa de estar dados de alta no IAE, nunha actividade, acorde coa prestación a desenvolver.

b) Velar polo correcto desenvolvemento da actividade concedida, responsabilizándose do cumprimento da normativa legal e da hixiénico-sanitaria (se fose o caso) que sexa de aplicación en cada momento para a organización e realización deste tipo de actividades ata o mesmo momento da finalización da actuación concedida, eximíndose a Deputación de Lugo de calquera responsabilidade derivada deste aspecto.

c) Os/as artesáns/ás deberán contar cos seguros de responsabilidade civil pertinentes para a realización das accións. A Deputación queda exenta de calquera responsabilidade derivada deste programa incluídas as situacións que se poidan producir non só durante a propia acción, senón tamén no desprazamento previo e posterior as accións.

d) Non se poderá facer ningunha modificación na actuación proposta (data, hora, artesán/á asignado/a) sen autorización expresa por parte da Área de Deportes, Artesanía e Deseño e Memoria Histórica/ CENTRAD.

e) Expedir as facturas legais correspondentes ás actuacións realizadas e contratadas á Deputación de Lugo (servizo de CENTRAD).

f) Achegar no caso dos cursos, tanto as ferramentas de uso compartido, como as ferramentas especificas requiridas para o desenvolvemento do mesmo, e, no suposto das demostracións e obradoiros, aportar os materiais e ferramentas necesarios para o correcto desenvolvemento da actividade.

g) Incluir na publicidade anunciante da actividade o logotipo da Área de Deportes, Artesanía e Deseño e Memoria Histórica/ CENTRAD

h) Portar a indumentaria que será facilitada polo CENTRAD que deberá recoller nas instalacións do dito Centro (pavillón 5)

Deputación de Lugo – Centro de Artesanía e Deseño

a) Aboar a integridade da factura expedida polo/a artesán/a da actividade programada, unha vez prestados os servizos e conformada polo responsable do Centrad.

b) Solucionar canto inconvinte puidera xurdir para o desenvolvemento do programa.

c) Cantas outras situacións se deriven do contido estrito deste Programa

Contacto

Teléfono de contacto: 982 210066

Email: formacion.centrad@deputacionlugo.org