Menu toggle
Medioambiente

CONVOCATORIA, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA, PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS DESTINADAS A ENTIDADES ASOCIATIVAS SEN ÁNIMO DE LUCRO DAS RESERVAS DA BIOSFERA TERRAS DO MIÑO E OS ANCARES LUCENSES PARA O DESENVOLVEMENTO DE ACTUACIÓNS DE POSTA EN VALOR DO PATRIMONIO NATURAL, CULTURAL E PAISAXÍSTICO DESTES TERRITORIOS NA ANUALIDADE 2024

 

A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Lugo en sesión celebrada o 16 de febreiro de 2024, acordou a aprobación das bases da convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións destinadas a entidades asociativas sen ánimo de lucro das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses para o desenvolvemento de actuacións de posta en valor do patrimonio natural, cultural e paisaxístico destes territorios na anualidade 2024.

Estas entidades ou asociacións sen ánimo de lucro deben estar legalmente constituídas, inscritas no rexistro publico correspondente na data de publicación desta convocatoria, con sede/delegación social ou cuxo ámbito territorial de actuación estea incluído nas Reservas da Biosfera Terras do Miño ou Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá (en adiante, Os Ancares Lucenses), e cuxo obxecto social estea relacionado con algunha das liñas de acción dos planes das ditas Reservas.

GASTOS SUBVENCIONABLES

Terán a consideración de gastos subvencionables, aqueles considerados como gastos correntes (non se considerarán subvencionables os gastos de inversión) que contribúan ao cumprimento dalgunha das Liñas de Acción dos Plans de Acción das Reservas da Biosfera Terras do Miño ou Os Ancares Lucenses, sempre que se enmarquen nunha das actividades recollidas na base 1 da convocatoria.

Cando menos, o 5% do custo total da actuación subvencionada deberá ser financiado con recursos propios da entidade beneficiaria.

EXECUCIÓN DAS ACTUACIÓNS

En canto á execución das actividades subvencionadas, segundo as bases da convocatoria, os beneficiarios da subvención incluirán xunto coa frase "ACTIVIDADE SUBVENCIONADA POR", a imaxe corporativa da Deputación de Lugo, e particularmente, do Programa MaB da UNESCO e da Reserva da Biosfera Terras do Miño ou Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses, segundo o caso.

Por último, o prazo de execución da actividade subvencionada abarca do 1 de xaneiro de 2024 ata o 31 de decembro do 2024.

RESOLUCIÓN PROVISIONAL (enlace ao BOP nº171 do 24.07.2024)

Ao abeiro do disposto no artigo 45 da Lei 39/2015 (LPACAP), o acordo de resolución provisional do procedemento non será obxecto de notificación individualizada, senón que será obxecto de notificación por medio de publicación no BOP, concedendo un prazo de dez días hábiles a contar dende o día seguinte ao da publicación do citado acordo de resolución provisional no BOP.

Así mesmo o acordo de resolución provisional tamén será obxecto de publicación na páxina web da Deputación de Lugo www.deputacionlugo.gal.

Se neste prazo algún interesado presentase a súa renuncia á subvención concedida nesta resolución provisional, o crédito que quede dispoñible poderá repartirse entre o resto de solicitantes propostos provisionalmente como beneficiarios/as dunha subvención. Este reparto realizarase proporcionalmente aos puntos acadados por cada un na valoración da súa solicitude, respectando o importe mínimo e máximo establecido nesta convocatoria, así como o importe da subvención solicitada por cada entidade.

Finalizado, no seu caso, o trámite de audiencia sen formularse alegacións, o acordo de resolución provisional terá carácter definitivo e procederase á publicación no BOP do anuncio correspondente para o seu coñecemento e efectos oportunos.

PRESENTACIÓN DA XUSTIFICACIÓN

Unha vez finalizada a acción ou comportamento e no prazo establecido, as entidades  beneficiarias das axudas deberán xustificar o cumprimento da finalidade da acción ou comportamento subvencionado.

A rendición da conta xustificativa constitúe un acto obrigatorio do beneficiario/a, e a súa presentación realizarase no prazo de tres meses a contar a partir da execución da actividade e, en calquera caso, rematará o 31 de marzo de 2025.

De acordo co previsto nas bases da convocatoria, a xustificación efectuarase na forma de conta xustificativa simplificada, nos modelos oficiais xunto coa documentación que sexa preciso achegar, que deberá ser remitida electronicamente a través da sede da Deputación ou a través dos rexistros establecidos no artigo 16.4 da LPAC.

A xustificación da subvención realizarase mediante a remisión, por parte da entidade beneficiaria, da seguinte documentación debidamente asinada pola persoa responsable (os anexos están dispoñibles na páxina web da Deputación de Lugo e deben asinarse electronicamente).

Para presentar calquera documentación presentada con posterioridade á aquela formulada coa solicitude inicial deberá presentarse no referido expediente de solicitude, na sede electrónica da Deputación Provincial pode acceder a través do seguinte enlace:

https://sede.deputacionlugo.org/opencms/opencms/sede

  • Sede electrónica
  • Subvencións
  • Subvencións concorrencia
  • Alta de solicitude

Así mesmo, para acceder a expediente deberá seguir os seguintes pasos:

  • Acceder e identificarse na sede electrónica da Deputación
  • Entrar en "O meu cartafol"
  • Os meus expedientes
  • Incorporar documentación

Para máis información:

Teléfono: 982 227 812/813

E-mails: terrasdomino@deputacionlugo.org

             ancareslucenses@deputacionlugo.org

Bases da convocatoria e outra documentación de interese:

Bases da convocatoria

Publicación anuncio convocatoria BOP 21.02.2024

Publicación anuncio resolución provisional BOP 24.07.2024

Plan de Acción da Reserva da Biosfera Terras do Miño

Plan de Acción da Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá

Modelo de renuncia á subvención concedida provisionalmente. Formato .odt

Modelos para a xustificación:

Anexo IV: Memoria conta xustificativa. Formato pdf editable (prema, descargue e garde). Formato .odt

Anexo V: Relación clasificada de gastos. Formato pdf editable (prema, descargue e garde). Formato .odt

Anexo VI: Declaración conxunta. Formato pdf editable (prema, descargue e garde). Formato .odt

​​​Logotipos a incluir na execución das actuacións xunto coa frase "ACTIVIDADE SUBVENCIONADA POR"

Imaxe corporativa da Deputación de Lugo

Imaxe Programa MaB UNESCO

Imaxe da Reserva da Biosfera Terras do Miño

Imaxe da Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses

Axenda Medioambiente, Medio Rural e do Mar