O Presidente inaugura a tempada de catamaráns pola Ribeira Sacra, con máis de 260 reservas nesta Ponte de San Xosé
José Tomé Roca destacou a importancia da aposta da Deputación de Lugo por este servizo público que contribúe a dinamizar a economía axudando á hostalería, ao turismo e ao comercio local nun momento crítico para estes negocios polas restricións sanitarias
“Quixemos, non só apostar un ano máis polas rutas fluviais en catamarán pola Ribeira Sacra, senón empezar antes que nas temporadas pasadas porque cremos que repercutirá positivamente no sector servizos, que tanto o necesita”
As rutas polo Canón do Sil e Cabo do Mundo funcionarán ata finais de ano, sempre adaptándose e cumprindo coas medidas de prevención do coronavirus que vaian adoptando as autoridades sanitarias en cada momento
Ven, 19/03/2021 - 16:42