Menu toggle
Medioambiente

CONVOCATORIA, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA, PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS DESTINADAS A ENTIDADES ASOCIATIVAS SEN ÁNIMO DE LUCRO DAS RESERVAS DA BIOSFERA TERRAS DO MIÑO E OS ANCARES LUCENSES PARA O DESENVOLVEMENTO DE ACTUACIÓNS DE POSTA EN VALOR DO PATRIMONIO NATURAL, CULTURAL E PAISAXÍSTICO DESTES TERRITORIOS NA ANUALIDADE 2023

 

A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Lugo en sesión celebrada o 3 de marzo de 2023, acordou a aprobación das bases da convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións destinadas a entidades asociativas sen ánimo de lucro das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses para o desenvolvemento de actuacións de posta en valor do patrimonio natural, cultural e paisaxístico destes territorios na anualidade 2023.

Estas entidades ou asociacións sen ánimo de lucro deben estar legalmente constituídas, inscritas no rexistro publico correspondente na data de publicación desta convocatoria, con sede/delegación social ou cuxo ámbito territorial de actuación estea incluído nas Reservas da Biosfera Terras do Miño ou Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá (en adiante, Os Ancares Lucenses), e cuxo obxecto social estea relacionado con algunha das liñas de acción dos planes das ditas Reservas.

Resolución provisional

O 26.07.2023 publicouse no BOP de Lugo a RESOLUCIÓN PROVISIONAL DA CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS DESTINADAS A ENTIDADES ASOCIATIVAS SEN ÁNIMO DE LUCRO DAS RESERVAS DA BIOSFERA TERRAS DO MIÑO E OS ANCARES LUCENSES PARA O DESENVOLVEMENTO DE ACTUACIÓNS DE POSTA EN VALOR DO PATRIMONIO NATURAL, CULTURAL E PAISAXÍSTICO DESTES TERRITORIOS NA ANUALIDADE 2023.

Resolución provisional da convocatoria (enlace ao BOP do 26.07.2023)

De acordo co punto 10 RESOLUCIÓN E COMUNICACIÓN das bases da convocatoria, respecto ao acordo de resolución provisional:

“Ao abeiro do disposto no artigo 45 da Lei 39/2015 (LPACAP), o acordo de resolución provisional do procedemento non será obxecto de notificación individualizada, senón que será obxecto de notificación por medio de publicación no BOP, concedendo un prazo de dez días hábiles a contar dende o día seguinte ao da publicación do citado acordo de resolución provisional no BOP.

Así mesmo o acordo de resolución provisional tamén será obxecto de publicación na páxina web da Deputación de Lugo www.deputacionlugo.gal.

Se neste prazo algún interesado presentase a súa renuncia á subvención concedida nesta resolución provisional, o crédito que quede dispoñible poderá repartirse entre o resto de solicitantes propostos provisionalmente como beneficiarios dunha subvención. Este reparto realizarase proporcionalmente aos puntos acadados por cada un na valoración da súa solicitude, respectando o importe mínimo e máximo establecido nesta convocatoria, así como o importe da subvención solicitada por cada entidade.

2. Finalizado, no seu caso, o trámite de audiencia sen formularse alegacións, o acordo de resolución provisional terá carácter definitivo e procederase á publicación no BOP do anuncio correspondente para o seu coñecemento e efectos oportunos.

Así mesmo o citado anuncio tamén será obxecto de publicación e na páxina web da Deputación de Lugo www.deputacionlugo.gal.”

O que se notifica aos efectos oportunos, de acordo coas previsións das bases e o disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP), facendo saber que contra esta resolución, por tratarse dun acto de trámite, non caberá recurso ningún en virtude do establecido no artigo 112 da LPACAP, sen prexuízo de que realicen cantas alegacións estimen pertinentes en favor dos seus dereitos e intereses lexítimos.

Resolución definitiva

O día 17.08.2023 pubicase no B.O.P. de Lugo a RESOLUCIÓN DEFINITIVA DA CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA DESTINADAS A ENTIDADES ASOCIATIVAS SEN ÁNIMO DE LUCRO DAS RESERVAS DA BIOSFERA TERRAS DO MIÑO E OS ANCARES LUCENSES PARA O DESENVOLVEMENTO DE ACTUACIÓNS DE POSTA EN VALOR DO PATRIMONIO NATURAL, CULTURAL E PAISAXÍSTICO DESTES TERRITORIOS NA ANUALIDADE 2023

Resolución definitiva da convocatoria (enlace ao BOP do 17.08.2023)

O acordo de resolución definitiva de concesión ou denegación das subvencións aos beneficiarios pon fin á vía administrativa polo que contra o mesmo cabe interpoñer potestativamente recurso de reposición ante a Xunta de Goberno, no prazo dun mes a contar dende o día seguinte ao da publicación do referido acordo no BOP, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, no prazo de dous meses a contar dende o día seguinte ao da publicación do referido acordo no BOP, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da Xurisdición Contencioso- Administrativa. Se optase por interpoñer recurso de reposición potestativo non poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto ou se produza a súa desestimación por silencio administrativo. Todo isto sen prexuízo de que poida exercitar calquera outro recurso que estime procedente.

Execución das actuacións

En canto á execución das actividades subvencionadas, segundo as bases da convocatoria, os beneficiarios da subvención incluirán a imaxe corporativa da Deputación de Lugo, e particularmente, do 50 Aniversario do Programa MaB e da Reserva da Biosfera Terras do Miño ou Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses, segundo o caso.

Por último, o prazo de execución da actividade subvencionada será dende o 1 de xaneiro de 2023 ata o 31 de decembro do 2023.

Para presentar calquera documentación presentada con posterioridade á aquela formulada coa solicitude inicial deberá presentarse no referido expediente de solicitude, na sede electrónica da Deputación Provincial pode acceder a través do seguinte enlace:

https://sede.deputacionlugo.org/opencms/opencms/sede

  • Sede electrónica
  • Subvencións
  • Subvencións concorrencia
  • Alta de solicitude

Así mesmo,

Para acceder a expediente deberá seguir os seguintes pasos:

  • Acceder e identificarse na sede electrónica da Deputación
  • Entrar en "O meu cartafol"
  • Os meus expedientes
  • Incorporar documentación

Para máis información:

Teléfono: 982 227 813

E-mails: terrasdomino@deputacionlugo.org

             ancareslucenses@deputacionlugo.org

Bases da convocatoria, modelos de solicitude e de xustificación e outra documentación de interese:

Bases da convocatoria

Publicación anuncio convocatoria BOP 15.03.2023

Publicación anuncio resolución provisional BOP 26.07.2023

Publicación anuncio resolución definitiva BOP 17.08.2023

Plan de Acción da Reserva da Biosfera Terras do Miño

Plan de Acción da Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá

Logotipos a incluir na execución das actuacións

- Imaxe corporativa da Deputación de Lugo

- Imaxe Programa MaB UNESCO

- Imaxe da Reserva da Biosfera Terras do Miño

- Imaxe da Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses

Axenda Medioambiente, Medio Rural e do Mar