Menu toggle
Medioambiente

CONVOCATORIA, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA, PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS DESTINADAS A ENTIDADES ASOCIATIVAS SEN ÁNIMO DE LUCRO DAS RESERVAS DA BIOSFERA TERRAS DO MIÑO E OS ANCARES LUCENSES PARA O DESENVOLVEMENTO DE ACTUACIÓNS DE POSTA EN VALOR DO PATRIMONIO NATURAL, CULTURAL E PAISAXÍSTICO DESTES TERRITORIOS NA ANUALIDADE 2021

A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Lugo en sesión celebrada o 25 de xuño de 2021, acordou a aprobación das bases da convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións destinadas a entidades asociativas sen ánimo de lucro das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses para o desenvolvemento de actuacións de posta en valor do patrimonio natural, cultural e paisaxístico destes territorios na anualidade 2021.

Presentación de solicitudes

De acordo co previsto nas bases da convocatoria, as solicitudes formularanse de xeito electrónico, dirixidas ao Presidente de Deputación de Lugo, nos modelos oficiais xunto coa documentación que sexa preciso achegar, a través da Sede Electrónica da Deputación Provincial de Lugo, así como nos restantes rexistros electrónicos de calquera dos suxeitos aos que se refire o artigo 2.1. da LPACAP.

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles, a contar a partir do día seguinte da publicación no BOP da provincia de Lugo do extracto da convocatoria (BOP núm. 149 do 02/07/2021). É dicir, o prazo está aberto dende o LUNS 05/07/2021 ata o VENRES 16/07/2021 (ámbolos días inclusive).

Para presentar a documentación (en PDF) na sede electrónica da Deputación Provincial pode acceder a través do seguinte enlace:

https://sede.deputacionlugo.org/opencms/opencms/sede

  • Sede electrónica
  • Subvencións
  • Subvencións concorrencia
  • Alta de solicitude

Así mesmo, calquera documentación presentada con posterioridade á aquela formulada coa solicitude inicial deberá presentarse no referido expediente de solicitude.

Para acceder a expediente deberá seguir os seguintes pasos:

  • Acceder e identificarse na sede electrónica da Deputación
  • Entrar en "O meu cartafol"
  • Os meus expedientes
  • Incorporar documentación

Para máis información:

Teléfono: 982 227 813

E-mails: terrasdomino@deputacionlugo.org

            ancareslucenses@deputacionlugo.org

Bases da convocatoria, modelos de solicitude e de xustificación e outra documentación de interese:

RESOLUCIÓN PROVISIONAL DA CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS (BOP LUGO 20.08.2021)

RESOLUCIÓN DEFINITIVA DA CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS (BOP LUGO 07.10.2021)

Axenda Medioambiente, Medio Rural e do Mar