Menu toggle
Benestar Social

STD

 

 

¿Que é o Servizo de Teleasistencia Social no Fogar?

 

É unha prestación social de atención inmediata.

 

Trátase de instalar un dispositivo no domicilio da persoa usuaria que permita de ser necesario a mobilizacións de recursos ante unha situación de emerxencia ou necesidade no domicilio.

 

Ademais desta atención inmediata ante unha urxencia, tamén se levan a cabo chamadas de comprobación e seguimento que alivian moitas veces o sentimento de soidade non desexada que sufren moitas persoas nos seus fogares.

 

 

¿Quen pode solicitar o Servizo de Teleasistencia Social da Deputación de Lugo?

 

Pódeno solicitar persoas que estén empadroadas en municipios de menos de 20.000 habitantes da nosa provincia e se atopen nunha situación de necesidade, vulnerabilidade ou risco por razón social ou sanitaria. Ademais ten que reunir os seguintes requisitos:

 

  • Ter liña telefónica e subministración eléctrica no domicilio no que se ten que implantar o servizo.

  • Non padecer limitación ou incapacidades que impidan entender e usar axeitadamente o dispositivo.

  • Ter asignada unha persoa de referencia coa que se poida contactar en caso de necesidade e que a súa vez teña as chaves da vivienda da persoa usuaria, para acceder en caso de necesidade.

  • Non ter sido valorado como persoa con dependencia no marco da Lei de dependencia. No caso de ter sido valorado como persoa con dependencia e ser persoa usuaria deste servizo, retiraráselle o dispositivo cando se lle instale o outro que se lle recoñeza mediante o Sistema para a autonomía e atención a dependencia.

 

 

¿Quen ten preferencia no acceso ao servizo?

 

O acceso prodúcese en función da dispoñibilidade de dispositivos e da puntuación que se lle outorgue á persoa na valoración da súa solicitude

 

 

¿Como se solicita?

 

Con carácter xeral, será o/a traballador/a social do concello de referencia a quen deba dirixirse para informarse e solicitar o servizo.

 

O/A traballadora social de referencia valorará o recurso e emitirá un Informe Social e un Baremo Único Provincial.

 

 

¿Que documentación se ten que presentar?

 

  • Modelo de solicitude

  • Modelo de autorización e compromiso

  • Fotocopia do DNI/NIE, e no seu caso, o do seu representante legal.

  • Fotocopia da tarxeta sanitaria

  • Certificado de empadroamento conxunto

  • Calquera outra documentación de valor probatorio, que se considere necesaria para a avaliación dos criterios da ordenanza reguladora.

     

¿Canto custa o servizo?

 

O servizo é gratuíto, xa que a Deputación de Lugo está a asumir o 100% do seu custe.

 

 

¿Onde podo obter información?

 

Pode solicitar información nos servizos sociais comunitarios do seu concello.

Tamén pode contactar cos servizos sociais da Deputación de Lugo a través do:

 

Número de teléfono: 982260138

 

Correo electrónico: servizossociais@deputacionlugo.org

 

 

Para máis información pode consultar os seguintes documentos:

 

 

ESPAZO PARA PROFESIONAIS DOS SERVIZOS SOCIAIS

 

 

Agenda bienestar social e igualdad