O Presidente e o Alcalde de Meira inauguran a Campa do Plantío como un novo espazo público polivalente para a veciñanza grazas á Deputación
José Tomé Roca subliñou que, co financiamento de 288.000€ da institución provincial, o concello chairego conta agora cunha ampla superficie para a celebración de todo tipo de actos e a prestación de servizos, axudando a liberar o casco urbano do municipio
Esta dotación, situada na contorna da área de autocaravanas e do Centro de Atención a Maiores, conta con 200 novas prazas de estacionamento gratuítas, e cunha nova zona deportiva e de esparexemento, e servirá tamén para acoller a ITV móbil
Mar, 28/03/2023 - 20:43