Deputación de Lugo

O Presidente asiste á toma de posesión da Presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

JOSE TOMÉ
toma de posesión
audiencia provincial

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asistiu este xoves ao acto de toma de posesión de Sandra María Piñeiro Vilas como Presidenta da Audiencia Provincial de Lugo. A cerimonia celebrouse na sede xudicial da cidade e contou coa presenza de diversas autoridades do ámbito xudicial, político e institucional da provincia.Durante o acto, o mandatario provincial trasladou á maxistrada os seus parabéns pola súa designación, e destacou a importancia do labor que desempeñará ao fronte da Audiencia Provincial, unha institución clave para o funcionamento da xustiza e para garantir os dereitos da veciñanza da provincia.