visitas

 

VISITAS DIDÁCTICAS

Para achegar as novas tecnoloxías á sociedade lucense, especialmente ás xeracións máis novas, e amosar o traballo que desenvolve o Servizo de Audiovisuais da Deputación de Lugo emprégase o programa de visitas didácticas ás nosas instalacións.

Durante estas visitas, dase a coñecer o servizo e os distintos departamentos, así coma os estudos que imparte o Centro de Formación Audiovisual. Esta actividade didáctica inclúe a participación activa dos visitantes na realización e presentación do Ticodiario, un programa televisivo con noticias reais.

As visitas son de centros educativos da provincia, alumnos de secundaria extranxeiros, alumnos da USC, así como asociacións da provincia.

 

Accede á listaxe de reprodución dos videos das visitas didácticas