Maiores

 

MAIORES 3.0

Lugo é unha provincia cunha poboación moi envellecida e dispersa. A Deputación aposta polo fomento do uso das novas tecnoloxías como ferramenta para mellorar a calidade de vida e o benestar das persoas maiores, e moi especialmente das que viven soas.

Maiores 3.0 imparte actividades formativas gratuitas destinadas aos lucenses de máis de 55 anos. O seu obxectivo é promover o fomento da vida saudable e o envellecemento activo a través das novas tecnoloxías, e dar aos maiores as habilidades e coñecementos necesarios para que o seu manexo lles facilite o día a día e o contacto cos seus familiares e amigos.

Maiores 3.0 inclúe unha programación de cursos e obradoiros que se imparten tanto na sede do CFA como en toda a provincia. Son actividaes que permiten aos usuarios familiarizarse con Internet, co manexo dos móbiles e as tabletas, as redes sociais ou a fotografía, entre outros, así como traballar a memoria e estimulación cognitiva e funcional.

Desde a súa posta en marcha, esta actividade obtivo unha acollida moi boa, cunha alta demanda por parte dos usuarios, que foi incrementándose en cada tempada. Isto veu acompañado dun aumento sensible da oferta formativa.

O xerme de Maiores 3.0 é o InLUGO, que xurdiou en 2013 ao amparo do programa europeo InnovaTE, co-financiado nun 80% con fondos europeos e nun 20% da Deputación. Unha vez finalizado, en 2015, a instituación provincial asumiu esta iniciativa con fondos propios a través dunha encomenda para a súa xestión por parte da antiga Fundación TIC. Trala disolución desta entidade, a Deputación asume directamente esta actividde a tavés do Serizo e Audiovisuais.

Inscripcións

Listado de cursos