Menu toggle
Audiovisuais

CENTRO DE PRODUCIÓN DE PROGRAMAS

Portada CPA 2

 


O Centro de Produción de Audiovisuais do SdeA da Deputación de Lugo é un centro especializado en proxectos audiovisuais e novas tecnoloxías dirixido á promoción da provincia dende o punto de vista turístico e económico, á difusión das actividades da Deputación, á cooperación cos Concellos e ao apoio ao tecido asociativo.

Entre as súas funcións tamén está a promoción da provincia como destino cinematográfico a través da Lugo Film Office, a custodia e dixitalización do arquivo audiovisual da Deputación e a creación do banco audiovisual de recordos Memoria Dixital.

Os seus destinatarios son os 67 concellos da provincia, os colectivos con dificultades de integración, entidades culturais, sociais e deportivas, as empresas de produción de audiovisuais, as produtoras nacionais e internacionais interesadas en rodar na provincia, os medios de comunicación, os centros educativos de todos os niveis e os alumnos e exalumnos do Centro de Formación Audiovisual.

O Centro de Produción Audiovisual dispón dunhas instalacións modernas con equipamentos de última xeración nas que se imparte formación práctica ao alumnado do CFA. Ademais acolle visitas didácticas  co obxectivo de achegar o mundo audiovisual á sociedade lucense.