mesa

 

PRODUTORA

A Produtora é a encargada de realizar as actividades de difusión e divulgación establecidas nos obxectivos do SdeA. A través deste instrumento, a Deputación de Lugo pon en valor a provincia e o seu patrimonio material e inmaterial, coopera cos concellos, apoia ás organizacións sen ánimo de lucro e atende ás necesidade de formación práctica do CFA.

Este departamento elabora, difunde e distribúe diversos contidos audiovisuais, desde reportaxes e documentais ata promocionais, que facilitan o coñecemento dos programas de actuación da Deputación; promocionan as actividades culturais, deportivas ou etnográficas do concellos da provincia como ferramenta para favorecer o desenvolemento local e difunden as actividades desenvolvidas polas asociacións sen ánimo de lucro a prol da sociedade lucense.

A Produtora tamén presta asesoramento e apoio en materia audiovisual e técnico ao concellos que así o soliciten.