LOGO

 

PROMOCIÓN DO SERVIZO

O Servizo de Audiovisuais da Deputación de Lugo leva a cabo diversas actuacións para achegar o seu labor ao maior número posible de lucenses, dentro do seu obxectivo de dar resposta ás demandas da nova sociedade do coñecemento e aos retos da implantación das novas tecnoloxías.

Para dar visibilidade a este traballo, este servizo da Deputacion elabora produtos audiovisuais nos que se recollen actividades realizadas polos propios alumnos, bolseiros e titulados, así como aquelas destinadas a completar a súa formación con encontros con profesionais en activo do sector.

Realizáronse, por exemplo, a cargo de alumnos e bolseiros, emisións en streaming, de diferentes actividades que acontecen na nosa provincia.

Tamén se da a coñecer o traballo do servizo a través das vistas didácticas ás súas instalacións, incluíndo os Ticodiarios.