FASE I - ENTIDADES

Serán subvencionables os proxectos que inclúan actividades realizadas por traballadores que non se inclúan no cadro de persoal das entidades beneficiarias para o desenvolvemento de accións que favorezan os colectivos aos que representan, co fin de mellorar a inclusión laboral e a calidade do emprego.

Os proxectos para os cales se solicite a subvención deberán reunir os seguintes requisitos:

  • Describirán a metodoloxía empregada para o deseño do programa proposto.
  • Resultar adecuados para os obxectivos e finalidades contidos nesta orde, así como para os principios xerais da mellora na calidade do emprego.
  • Desenvolver o proxecto entre a aprobación do programa e o 31 de agosto de 2020.
  • Dentro da mesma solicitude poderase solicitar axuda para a posta en marcha dun ou varios proxectos.
  • A limitación será de ata 2 traballadores.

Para a valoración na calidade da contratación só se valorará un perfil dos 2 solicitados. (Valorarase aquel con situación de maior puntuación de acordo co artigo 7.4,  xerando a obriga de que o segundo perfil, o non valorado,  teña asignada unha xornada continua).

Co fin de incentivar a utilización de medios electrónicos e no marco dos principios da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, as solicitudes de adhesión presentaranse de maneira telemática na sede electrónica da Deputaciónhttp://sede.deputacionlugo.org.

Dende a sede poderase acceder ao Taboleiro Electrónico da Deputación para consultar as listaxes e a última información relativa ao programa Tecendo Emprego

Documentación adicional


INSTRUCCIÓNS MEMORIA XUSTIFICACIÓN FINAL

ANEXO VII

ANEXO VIII (MODIFICADO)

CARTEL

NOTA INFORMATIVA

BASES

ANEXO V

DESCARGA A NOTA INFORMATIVA

ANUNCIO DE AMPLIACIÓN DE PRAZO DE SOLICITUDE ATA O 9 DE NOVEMBRO

CERTIFICADO DE XUNTA DE GOBERNO DO 2 DE NOVEMBRO: AMPLIACIÓN DO PRAZO DE SOLICITUDE ATA O 9 DE NOVEMBRO

PUBLICADO LISTAXE DE REQUIRIMENTOS DE EMENDAS NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS. DESCARGA O DOCUMENTO ACCEDE Ó TABOLEIRO

RESOLUCIÓN PROVISIONAL DE ENTIDADES BENEFICIARIAS

RESOLUCIÓN PROVISIONAL DE PERFÍS

Axenda emprego