Menu toggle
Emprego

Dende a Sección de Promoción Económica e Emprego, integrada na Área de Promoción Económica e Social, lévanse a cabo as funcións asignadas pola Deputación para garantir o correcto exercicio da competencia propia de cooperación no fomento do desenvolvemento económico e social na Provincia, atribuída á Entidade provincial polo artigo 36.1.d) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local.

 

Para levar a cabo estas funcións, a dita Sección utiliza, entre outros, o instrumento das subvencións, como unha técnica de fomento de determinados comportamentos considerados de interese xeral para o desenvolvemento de actividades de interese público da Provincia, cando estas teñen relación cos obxectivos de:

 

1. Fomento do emprego.

2. Emprendemento.

3. Competitividade empresarial.

4. Impulso da economía social.

5. Fomento do comercio local.

6. Promoción da igualdade.

7. E fomento da racionalización e flexibilización horaria no traballo.

 

Con carácter xeral, o outorgamento de subvencións convocarase en réxime de concorrencia. Porén, cando por razón da natureza da actividade a subvencionar ou das características da persoa ou entidade que haxa de executar a actividade a subvencionar non sexa posible promover a concorrencia pública, as subvencións outorgaranse mediante resolución ou acordo motivado do órgano competente para concedelas, no que se farán constar as razóns que xustifiquen a excepción da convocatoria en réxime de concorrencia, así como a forma en que haberá de ser xustificada a aplicación dos fondos recibidos. Exceptúanse, así mesmo, do réxime de concorrencia, as subvencións previstas nominativamente no Orzamento provincial.

 

A través desta canle, ponse a disposición das entidades ou asociacións interesadas na concesión de subvencións, excepcionais e nominativas, toda a información, instrucións e modelos que deberán utilizar para formalizar a súa solicitude.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Axenda emprego