Parga celebra o I Encontro Ecolóxico Galego con obradoiros, degustacións e unha mesa redonda grazas á Deputación
A Deputada de Muller e Igualdade e Alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira Morandeira, participou este sábado no I Encontro Ecolóxico Galego que se celebrou no Campo da Feira de Parga. Este evento, organizado pola Plataforma Proecogal, conta co apoio da institución provincial que colabora coa carpa na que se desenvolveu a cita. Desde primeira hora da mañá os veciños e visitantes puideron desfrutar do mercado ecolóxico, con postos de produtoras e produtores de toda Galicia, así como diversos obradoiros formativos. A programación tamén incluíu unha mesa redonda na que participaron diferentes voces do sector ecolóxico galego, que abordaron os retos e oportunidades do ecolóxico en Galicia.