Charlas, reflexións e monólogos protagonizarán aV XornadaQuerémonos Vivas, Libres e Iguaisque organiza a Deputación con motivo do 25N
Achegarán a súa experiencia sobre violencia de xénero e igualdademulleres expertas en distintos ámbitos como as sociólogas Silvia Péreze Uxía López; a escritora Antía Yáñez, e a Presidenta da Audiencia Provincial, Sandra Piñeiro
A asistencia éde balde, peroprecisa inscrición previa, quexa se pode realizar desde este luns. As persoas interesadas poden reservar a súa prazaenviando un correo electrónico a protocolo@deputacionlugo.orgouchamando ao teléfono 982 260 134.
A Deputación de Lugo organiza a quinta edición da xornada Querémonos Vivas, Libres e Iguais, que se celebrará o venres 21 de novembro no Salón de Actos do Pazo de San Marcos,con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres (25N). Unha iniciativa que busca concienciar á cidadanía sobre a violencia machista a través de charlas, reflexións e monólogos a través da visión de mulleres expertas en distintos ámbitos que achegarán as súas experiencias.
A xornada, que arrincará ás 09.00 horas e estenderase ata as 14:00 horas, estará conducida polapresentadora, actriz e monologuista Marta Doviro, que pechará a xornada co monólogo Nin Machismi, nin Feminismiofrecendo unha visión crítica e pedagóxica sobre a igualdade e a prevención da violencia de xénero.
O programa inclúe ademais a participación de destacadas profesionais como a doutora en Socioloxía e investigadora socialSilvia Pérez Freire, que falará de igualdade e empatía. Así mesmo, a socióloga Uxía López Mejuto abordará unha charla co título Desactivando os mitos do amor romántico: ferramentas contra a violencia de xénero na adolescencia.A escritora e docente Antía Yáñez Rodríguez abordará o feminismo contemporáneo cun relatorio baixo o título O feminismo xa non é a canción do verán. Finalmente, a Presidenta da Audiencia Provincial de Lugo, Sandra Piñeiro Villar abordará un tema que preocupa na actualidade como é a Ciberviolencia.
Aasistencia é gratuíta, pero debido ao límite de aforo, é necesario inscribirse previamente. O prazo de inscrición comeza este luns, e as persoas interesadas poden reservar a súa praza enviando un correo a protocolo@deputacionlugo.orgouchamando ao teléfono 982 260 134.