Deportes e mocidade
Deputación de Lugo

A Vicepresidencia apoia a participación do Lucus no Campionato de España sub-14 por equipos, no que competirán con conxuntos masculino e feminino

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
Deportes
Atletismo
LUCUS
O  lucense será o ùnico club galego que participe cos dous equipos neste campionato estatal que se celebra a fin de semana en Málaga

O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro e o tenente alcalde de Lugo Rubén Arroxo recibiron esta tarde aos equipos sub-14 do Lucus Caixa Rural que participarán no Campionato de España por Equipos que se celebra  esta fin de semana en Nerja, en Málaga.

O lucense será o único club galego que participe nesta competición estatal com equipo masculino e feminino, o que supón tamén un fito para a entidade, tal e como se subliñou durante o acto celebrado no Pazo de San Marcos.

Efrén Castro e Rubén Arroxo coincidiron em valorar esta partipación estatal como unha mostra do traballo que desenvolve o club coas categorías inferiores, e animaron as e os deportistas a disfrutar da experiencia que supón competir em equipo.

Naia Freijo, Blanca García, Gisela González, Paula pazo, Daniela Rodríguez, Eva Veiga, Marcela Viro, Carla Zurita e Sara Rodríguez forman o equipo feminino.  Xian Piñeiroá, Bruno Rodríguez, Asier Otero, Roberto Valiño, Álvaro Gómez, Bruno Varela, Martín García, Diego Rodríguez e Rodrigo Gómez, o masculino.

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colaborará no financiamento dos gastos relacionados co desprazamento dos equipos ata Nerja, cara a onde partirán o venres.