A Vicepresidencia apoia a participación do Lucus no Campionato de España sub-14 por equipos, no que competirán con conxuntos masculino e feminino
O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro e o tenente alcalde de Lugo Rubén Arroxo recibiron esta tarde aos equipos sub-14 do Lucus Caixa Rural que participarán no Campionato de España por Equipos que se celebra esta fin de semana en Nerja, en Málaga.
O lucense será o único club galego que participe nesta competición estatal com equipo masculino e feminino, o que supón tamén un fito para a entidade, tal e como se subliñou durante o acto celebrado no Pazo de San Marcos.
Efrén Castro e Rubén Arroxo coincidiron em valorar esta partipación estatal como unha mostra do traballo que desenvolve o club coas categorías inferiores, e animaron as e os deportistas a disfrutar da experiencia que supón competir em equipo.
Naia Freijo, Blanca García, Gisela González, Paula pazo, Daniela Rodríguez, Eva Veiga, Marcela Viro, Carla Zurita e Sara Rodríguez forman o equipo feminino. Xian Piñeiroá, Bruno Rodríguez, Asier Otero, Roberto Valiño, Álvaro Gómez, Bruno Varela, Martín García, Diego Rodríguez e Rodrigo Gómez, o masculino.
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colaborará no financiamento dos gastos relacionados co desprazamento dos equipos ata Nerja, cara a onde partirán o venres.