Deputación de Lugo

A Deputación participa nos actos do Día dos Santos Anxos Custodios, patroa da Policía Nacional

DÍA POLICÍA NACIONAL

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou este venres nos actos do Día dos Santos Anxos Custodios, patroa da Policía Nacional. A celebración comezou cunha misa no Altar Maior da Catedral de Lugo e, a continuación, tivo lugar no Auditorio Fuxan os Ventos o acto de imposición de condecoracións ao mérito policial. Por último, a xornada rematou cunha degustación de produtos típicos da provincia de Lugo. A este acto, co que a Deputación de Lugo colaborou cunha achega económica de 2.250€, tamén asistiu o Alcalde do Concello de Lugo, Miguel Fernández Méndez, e a Subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López Rodríguez, entre outras autoridades.

 

Día da Policía