Deputación de Lugo

O Presidente recibe ao novo Coronel do Tercio Norte de Marina, Francisco Guerrero Mayol

RECEPCIÓN
defensa
O Pazo de San Marcos

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, acompañado polo Subdelegado de Defensa en Lugo, o Coronel Juan José Fernández Arrojo, recibiu no Pazo de San Marcos a Francisco Guerrero Mayol, Coronel do Tercio Norte de Infantería de Marina. No encontro, Tomé Roca felicitou a Guerrero Mayol pola súa nova responsabilidade e trasladoulle a vontade e compromiso de colaboración nesta etapa. 

Como agasallo institucional, o máximo mandatario provincial fixo entrega a ambos responsables de Defensa do libro “Proxectos para o Hospital Isabel II, o Instituto de 2ª Ensinanza e a Deputación Provincial de Lugo”. Pola súa banda, Fernández Arrojo, tamén quixo ter un xesto co Presidente ao facerlle entrega dun pedazo da cinta inaugural da exposición “Defensa Nacional. La adaptación permanente de las Fuerzas Armadas”, en gratitude como Alcalde de Monforte por acoller na Casa de Cultura esta mostra coa que a Subdelegación de Defensa pon en valor o labor do Exército.

Guerrero Mayol tomou o relevo do Coronel José María Sanz Alisedo. É natural de Sóller, Mallorca, onde naceu en 1968. Ingresou na Escola Naval militar en 1988 e no 1993 ocupou o cargo de tenente. A maior parte da súa carreira militar desenvolveuna na Brigada de Infantería de Marina e en destinos relacionados coa seguridade. Conta con dúas cruces ao Mérito Naval, unha ao Mérito Aeronáutico, medallas da OTAN, de Nacións Unidas, e da Unión Europea e unha placa de San Hermenegildo.