Deputación de Lugo

A Deputación destaca o seu compromiso coa fibromialxia e a fatiga crónica no Día Mundial destas enfermidades

Pablo Rivera Capón

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, acompañou este luns á presidenta da Asociación de Fibromialxia de Lugo (ALUFI), Mariluz Somoza, e a diversos membros do colectivo na lectura do manifesto que tivo lugar na Pazo de San Marcos este 12 de maio, con motivo do Día Mundial da Fibromialxia e do Síndromede Fatiga Crónica. Pablo Rivera visitou tamén a mesa informativa e de cuestación instalada na sede provincial, e destacou ocompromiso da Deputacióncoas persoas afectadas pola fibromialxia e o síndrome de fatiga crónica, enfermidades que, na súa maioría, afectan a mulleres, que representan o 95% dos casos. 

Neste sentido, lembrou o Deputado que a institución provincial realiza unha achega anual de 3.000 eurosa ALUFI, para apoiar a organización de actividades como obradoiros de memoria e relaxación, manualidades, terapia vascular, ximnasia de recuperación, así como xornadas e charlas informativas dirixidas a persoas afectadas por estas enfermidades.