A Deputación achega 12.000 € á Asociación de Promoción e Integración Xitana para a rehabilitación de 9 vivendas

A Deputación de Lugo colabora coa Asociación de Promoción e Integración Xitana de Lugo (APIG), Manuel Vila López, cunha achega de 12.000€ para levar a cabo un programa de rehabilitación de unhas nove vivendas. O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, asinou co presidente deste colectivo, Manuel Vila López, o convenio a través do que a institución provincial aporta esta axuda.
O programa co que colabora a Deputación supón a contratación dun monitor de albanelería, que forma, dirixe e coordina a familias de etnia xitana para que poidan realizar os traballos de reforma das súas vivendas,e ao mesmo tempo facilitar a inserción laboral grazas a aprendizaxe deste oficio.
A Asociación de Promoción e Integración Xitana é unha entidade sen ánimo de lucro,fundada en 1983, que ten como obxectivo fundamental a promoción integral das familias xitanas da provincia de Lugo. As súas principais metas son: a integración plena das familias xitanas, fomentar a implicación activa dos propios xitanos e dar a coñecer os valores culturais do pobo xitano.