A Asociación de Viúvas Xulia Minguillón de Lugo celebra as súas vodas de ouro co apoio da Deputación

O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López López, asistiueste sábado ao Congreso Galego que organizou a Asociación de Viúvas Xulia Minguillón de Lugo con motivo do 50 aniversario da entidade. A xornada, que reuniu a preto de 200 mulleres, comezou cunha misa na Catedral e continuou no Edificio Multiusos da Xunta de Galicia co acto oficial ao que asistiron representantes de colectivos de Baiona, As Pontes ou Ferrol. A institución provincial realiza unha aportación económica de 5.000€ para a celebración deste evento que contou coa actuación do grupo La penúltima Sabinera e que culminará cun concerto do Coro do Hospital.