Deputación de Lugo

A Deputación felicita aos titulados nos Másters en Enxeñaría Agronómica e Enxeñaría de Montes da EPS de Lugo

USC

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este sábado xunto ao Alcalde do Concello de Lugo, Miguel Fernández Méndez, no acto de graduación dos alumnos que remataron os Másters en Enxeñaría Agronómica e Enxeñaría de Montes da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela. Neste evento, que tivo lugar no Salón de Actos da Facultade, o Deputado Provincial felicitou aos titulados e as súas familias e recalcou que “investir en universidade é investir en futuro. Por iso, podemos dicir con orgullo que somos a Deputación que máis recursos achega á universidade pública en toda España”.