Pechada ao tráfico a estrada LU-P-1611 na Ponte Maceda, do Concello do Corgo

A estrada LU-P-1611 que atravesa a Ponte Maceda do Concello do Corgo, foi pechada ao trafico no día de hoxe por un afundimento. Concretamente o corte do vial está situado no punto quilométrico 7. A ruta alternativa, que xa está sinalizada na rotonda de Gomeán, será a estrada de Nadela cara á nacional.
Dende os servizo de vías e obras avanzan que xa está feito o proxecto de rehabilitación desta estrada, que se executará nos vindeiros días.