Deputación de Lugo
Turismo

A Deputación participa na 45º edición da Festa da Troita da Pontenova, de Interese Turístico Galego

A Pontenova

O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López López, xunto ao Alcalde da Pontenova, Darío Campos, e outros membros da Corporación municipal, asistiu este xoves a 45º edición da Festa da Troita, que se celebra como é tradición cada 1 de maio. Carlos López sinalou que esta clásica cita, declarada de Interese Turístico Galego, e recoñecido como Mellor Evento Deportivo de España en 2022, “é un encontro que supón un importante revulsivo económico para a contorna da Mariña e toda a provincia, xa que durante esta ponte festiva hai unha ocupación hoteleira do 100%”.