O Presidente e o Alcalde de Lugo supervisan as obras da Avenida Infanta Elena, que avanzan coa construción das beirarrúas
José Tomé Roca e Miguel Fernández Méndez comprobaron este xoves a evolución dos traballos entre a Glorieta de Garaballa e a de Benigno Rivera, que virán completar a renovación desta entrada á cidade cun investimento total da Deputación de 2,4M€
Informou o mandatario provincial que “estamos a traballar moi rápido e seguramente acabemos antes do previsto, poderemos comezar co estendido do outro carril en 10 ou 15 días, cando rematemos os traballos das marxes coa instalación das tubaxes”
“Xa é visible o cambio que vai experimentar este acceso á cidade, nunha zona con gran peso comercial e industrial, e que se adaptará á perfección co desenvolvemento de futuros solos e co modelo de cidade aberta e sostible”, valorou o Rexedor
Jue, 18/09/2025 - 14:11