A Deputación colabora cos premios Dalle Like que recoñecen o talento galego de creadores de contido
O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo RiveraCapón, participou este xoves na presentación dos nomeados aos premios Dalle Like Galinfuencers 2026. A institución provincial colabora con 3.000€ con esta iniciativa que pretende recoñecer, amosar e celebrar o talento dos creadores de contido de Galicia que, a través das redes sociais, contribúen a promover a cultura, a lingua, o territorio e os valores galegos.
A gala terá lugar o vindeiro 16 de maio no Círculo das Artes, será aberta ao público xeral e estará ambientada nunha romaría tradicional, con actuacións de Lucía Pérez e outros artistas internacionais, e postos gastronómicos.