Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

O monólogo de Sobria e Serena abre un 25N marcado polo humor e a reivindicación

Monólogo
Sobria e Serena
25N

O dúo galego Sobria e Serena, formado por Arantxa Treus e Jazmín Abuín, inaugurou esta tarde no Pazo de San Marcos a programación organizada pola Deputación de Lugo arredor do 25N coa representación do monólogo Risas con perspectiva feminista. A deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, asistiu á actuación, na que as dúas actrices e humoristas ofreceron unha proposta que combinou comedia, retranca e reivindicación para abordar, desde unha perspectiva feminista, cuestións de actualidade e desigualdades de xénero. A través dun humor irreverente, próximo e cotián, Sobria e Serena empregaron a risa como ferramenta para cuestionar estereotipos, desmontar prexuízos e promover a reflexión sobre a igualdade.