A Deputación felicita ao Grupo Naturalista Hábitat por acadar o Premio Cogomelo Lucus 2025
O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este mércores no acto de entrega do Premio Cogomelo Lucus 2025, o recoñecemento que outorga desde hai máis de dez anos a Sociedade Micolóxica Lucus e que este ano entrega ao Grupo Naturalista Hábitat. Rivera Capón felicitou a esta entidade sen ánimo de lucro fundada no 1979 e destacou que “o seu labor durante décadas é un exercicio de constancia, unha aposta firme pola educación ambiental, pola protección dos espazos e pola transmisión dunha ética de respecto que hoxe resulta máis necesaria que nunca”.