Deputación de Lugo
Turismo

A Deputación promociona na feira de turismo Fairway a provincia como destino xacobeo

FAIRWAY

O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López, participou este domingo na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela na inauguración da feira turística Fairway – VI Fórum do Camiño de Santiago, onde a Deputación conta cun expositor propio para promocionar a provincia como destino xacobeo. Carlos López destacou que Lugo “é a gran porta de entrada a Galicia para os peregrinos, con máis de 800 quilómetros de rutas xacobeas e catro itinerarios oficiais declarados Patrimonio da Humanidade: o Camiño do Norte, o Primitivo, o Francés e o de Inverno”.

Fairway estará aberta ata o 11 de novembro e inclúe acceso libre ao público xeral, actividades formativas gratuítas, unha feira de emprego e encontros profesionais no espazo empresarial.